03 de maio de 2023
O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra busca proxectos innovadores para desenvolver o medio rural e poñer en valor os seus recursos. Mantense a idea coa que se creou a asociación Semente Monforte, facendo reverter na cidadanía o premio da Lotaría do Neno do ano 2014. Chegados á IX edición, o Concurso segue consolidándose con novas colaboracións e maiores incentivos económicos para os emprendedores.
Para incentivar a participación, o Concurso presentouse a pasada semana no IES Río Cabe de Monforte. Este mércores, 3 de maio ás 9.15h. preséntase na Universidade de Santiago e o día 9 ás 19.00 h. na Universidade da Coruña. Co mesmo propósito Semente Ribeira Sacra está promocionando nas redes sociais aos gañadores de anteriores edicións anteriores con entrevistas sobre o seu proxecto e a experiencia no Concurso.
Nesta IX edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra repartiranse 20.000€ en premios:
1º Premio - 10.000 €
2º Premio - 6.000 €
3º Premio - 4.000 €
Ata o 31 de maio está aberto o prazo de presentación de ideas, a través da web sementeribeirasacra.org. A inscrición é de balde. O 20 de xullo publicarase o nome das dez ideas que o xurado considere de maior interese conforme aos obxectivos do concurso.
A estrutura da presentación da idea debe contar con:
As ideas seleccionadas presentarán antes do 30 de setembro do 2023, o proxecto rematado, achegando arquivos PDF mediante formulario na intranet de concursantes da web www.sementeribeirasacra.org.
Unha vez presentada a documentación, o xurado convocará aos finalistas para a exposición e defensa do seu proxecto. O fallo do xurado darase a coñecer o día 28 de outubro do 2.023, nesa xornada presentaranse os proxectos e pola noite celebrarase a entrega de premios.