Novas

Aumenta a contía dos premios na VII edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

31 de marzo de 2021

Aumenta a contía dos premios na VII edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

Cando no 2014 a Lotaría do Neno caeu en Monforte, un grupo de voluntarios e agraciados co premio crearon o Concurso de Proxectos Empresariais Semente Monforte. Desde aquela incorporáronse á iniciativa adminitracións, institucións e empresas que apoian o impulso de proxectos empresariais e agora co nome de Semente Ribeira Sacra afrontan a VII edición deste concurso que leva entregado máis de 100.000 euros para axudar a materializar ideas innovadoras.

Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra foi a “semente” nos últimos 6 anos de iniciativas de emprendemento que se viron materializadas grazas á aportación económica que lles supuxo ser finalistas do certame. Incentivar proxectos empresariais, o obxectivo do certamen ,nestes tempos de pandemia, segue sendo o mesmo, pero para esta VII edición a organización decide incrementar a contía dos premios. 

Búscanse proxectos innovadores para desenvolver o medio rural e poñer en valor os seus recursos. Terán preferencia os vinculados co territorio Ribeira Sacra; pero o concurso sempre estivo aberto a calquera persoa física de calquera lugar do mundo que teña unha idea empresarial destas características.

Do 1 de Abril ao 30 de Xuño está aberto o prazo de presentación de ideas, a través da web sementeribeirasacra.org. A inscrición é de balde. O 15 de Xullo publicarase o nome das dez ideas que o xurado considere de maior interese conforme aos obxectivos do concurso.

estrutura da presentación da idea debe contar con:

  • Título do proxecto (20 palabras para resumir de que trata a iniciativa)
  • Descrición xeral (300 palabras para describir do modo máis eficaz en que consiste a iniciativa)Oportunidade do proxecto (150 palabras para responder á pregunta “¿por que debería investir no proxecto?” Neste apartado é necesario ter clara cal é a necesidade que cobre o produto ou servizo.
  • Puntos fortes do proxecto (150 palabras que conteñan a información DAFO)
  • Descrición temporal da formulación e implantación do proxecto (150 palabras para explicar as fases, prazos e outros compoñentes de tipo temporal para a formulación e implantación do proxecto).


As ideas seleccionadas presentarán antes do 30 de Setembro do 2021, o proxecto rematado, achegando arquivos PDF mediante formulario na intranet de concursantes da web www.sementeribeirasacra.org. 

Unha vez presentada a documentación, o xurado convocará aos finalistas para a exposición e defensa do seu proxecto (presencial ou telemáticamente segundo as posibilidades de desprazamento pola situación da COVID-19).

O fallo do xurado darase a coñecer o día 16 de Outubro do 2.021, sempre que as circunstancias o permitan. 

A situación de pandemia na que nos atopamos impúlsanos a aumentar a colaboración e increméntase a dotación dos premios que nesta VII edición son os seguintes:

1º Premio - 12.000 €
2º Premio -   8.000 €
3º Premio -   5.000 €

 

 

 

 

 

 

 



Participa!

Presenta a túa idea de emprendemento no VII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra ata o 30 de Xuño!


- Patrocinan -
- Colaboran -


Asociación "Semente de Monforte"

   

Pza de España s/n   ·   Casa da Cultura - 27400   -   Monforte de Lemos   -   Lugo   -   asemente@asemente.org

Información legal   -   Política de Privacidade   -   Uso de Cookies

Prodesin.com