Novas

“Buscamos cabeciñas que nos presenten ideas interesantes para mellorar a situación que vivimos,” Sara Fernández

27 de outubro de 2020

“Buscamos cabeciñas que nos presenten ideas interesantes para mellorar a situación que vivimos,” Sara Fernández

A Asociación Semente Monforte vén de entregar recentemente os premios do VI Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra e xa ten en marcha outra iniciativa coa que se pretenden atopar solucións que melloren a situación provocada pola pandemia da Covid19.

A Asociación Semente Monforte vén de entregar recentemente os premios do VI Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra e xa ten en marcha outra iniciativa coa que se pretenden atopar solucións que melloren a situación provocada pola pandemia da Covid19.

 

Este novo concurso parte da iniciativa dunha das empresas que integra a Asociación Semente Monforte, “Dimaga Iniciativas Ambientales é unha empresa da Coruña creada por un monfortino, é un dos empresarios que sempre está aí amosando un interese grande, xa financiou no seu momento un proxecto que obtivera o primeiro premio e nesta ocasión plantexounos que quería apostar por axudar desde o punto de vista tecnolóxico no tema do coronavirus con medios electrónicos, informáticos,… creando algo que axude a mellorar a situación. Pareceunos unha idea estupenda”, explica Sara Fernández, Presidenta de asociación Semente Monforte.

 

A Asociación quixo sacar a idea adiante e o primeiro era conseguir financiación cando xusto se acababan de entregar 20.000 euros en premios para impulsar os 3 proxectos seleccionados no VI Concurso Semente Ribeira Sacra. Sara Fernández agradece a resposta da asociación e do Conselleiro, Francisco Conde; “A idea gustou e hai empresas que xa deron a súa aportación e o Conselleiro que agora leva na súa carteira innovación díxonos que colaborarían, animándonos así a seguir para adiante co proxecto.”

 

O Concurso conta agora co apoio do IGAPE e da Consellería de Economía, Empresa e Innovación para promocionalo entre os sectores susceptibles de participar aportando as súas ideas. “Hai xente que ten moi boas ideas e se cadra non ten posibilidades de levalas á práctica. Esperamos que a xente participe e se sae algo desde Ribeira Sacra será unha honra. Os creativos e innovadores deben saber que se aparece algo interesante botaráselles unha man, ademais do premio,” afirma Sara Fernández.

 

Este concurso segue o mesmo plantexamento que a convocatoria anual que fan do concurso de proxectos empresariais, se ben varían as datas. Neste caso inscrición e recepción de ideas ata o 5 de novembro na web sementeribeirasacta.org, selección de ideas para desenvolver os proxectos ata o 22 de decembro e o 16 de xaneiro fallo do concurso, que nesta ocasión ten dous premios:

 

1º premio de 10.000 euros
2º premio de 5.000 euros

 

Sara Fernández sinalaba alternativas que terían cabida no concurso “Búscase que teña un marcado carácter tecnolóxico, pero por exemplo en Valencia tiñan un proxecto de máscaras que cambian de cor se tes febre, xa non é necesario mirarse a temperatura. Pode haber melloras que non son moi complicadas,… ou pensar nos nenos que teñen que estar nos colexios coas fiestras abertas e os abrigos postos, ao mellor pódese idear un aparato que ventile sen necesidade de ter que ter todo aberto.”


Se o concurso anual quere apoiar a emprendedores que innoven en calquera sector e ámbito, este concurso vai máis aló cun marcado carácter social nestes tempos de pandemia, atopar algo que poida axudar na situación que estamos a vivir. “Que se anime a xente e que isto serva para algo porque se non temos nin ideas nin proxectos, a iniciativa quedaría en nada e agora o diñeiro témolo que era o máis difícil de conseguir. Agora faltan cabeciñas que nos presenten ideas interesantes”, conclúe Sara Fernández.

 



Participa!

Presenta a túa idea de emprendemento no X Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra ata o 31 de maio!


- Patrocinan -
- Colaboran -


Asociación "Semente de Monforte"

   

Monforte de Lemos   -   Lugo   -   semente@sementeribeirasacra.org

Información legal   -   Política de Privacidade   -   Uso de Cookies

Prodesin.com