Novas

Dende a Ribeira Sacra incentívanse ideas fronte a Covid19

03 de outubro de 2020

Dende a Ribeira Sacra incentívanse ideas fronte a Covid19

Convócase o Concurso de Proxectos Empresariais fronte a Covid19 co obxectivo de impulsar a creatividade de proxectos empresariais cunha compoñente tecnolóxica que fagan fronte a problemática  da  COVID-19 en calquera das súas manifestacións.

 

 

A Asociación Semente Monforte de Lemos creábase no ano 2014 cando a Lotaría do Neno caía en Monforte e un grupo de persoas e empresas quixo que ese impulso revertese na cidadanía. Así nacía o Concurso de Proxectos Empresariais que a pasada semana fallaba os premios da VI edición. Premios por valor de 20.000 para incentivar o emprendemento, apostando polo talento particular como orixe de iniciativas empresariais.

Con esta filosofía e a vontade de colaboración que está na base da asociación e do seu concurso de proxectos empresariais, a asociación non podía quedar sen facer a súa aportación nestes momentos de pandemia pola Covid19. Así convócase o Concurso de Proxectos Empresariais fronte a Covid19 co obxectivo de impulsar a creatividade de proxectos empresariais cunha compoñente tecnolóxica que fagan fronte a problemática  da  COVID-19 en calquera das súas manifestacións.

Pode participar calquera persoa física ou xurídica que propoña unha idea empresarial (de carácter tecnolóxico, sanitario ou social) relacionada exclusivamente coa COVID-19. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende o 5 de outubro ao 5 de novembro do 2020. As persoas interesadas deberán solicitar a súa inscrición a través do sitio web: www.sementeribeirasacra.org

O xurado seleccionará aquelas ideas que considere de maior interese conforme aos obxectivos do concurso. Unha vez seleccionadas as ideas, o xurado farao público o 20 de Novembro de 2020 no sitio web www.sementeribeirasacra.org

As persoas cuxas ideas sexan seleccionadas deberán entregar, entre o 22 de novembro e o 22 de decembro de 2020, o proxecto rematado, aportando arquivos PDF mediante formulario na intranet de concursantes da web www.sementeribeirasacra.org. Os/as concursantes seleccionados/as deberán confirmar a súa intención de participar na fase final, en 7 días naturais dende que lles sexa comunicada a súa selección.

Unha vez presentada a documentación, o xurado convocará a cada un destes proxectos para a súa exposición e defensa (presencial ou telemáticamente segundo as posibilidades de desprazamento pola situación da COVID-19).

Os premios serán fallados o día 16 de xaneiro do 2.021, sempre que as circunstancias o permitan. As ideas e proxectos que formulen o seu desenvolvemento na Ribeira Sacra terán unha consideración especial na súa valoración.

A contía dos premios será a seguinte:

1º premio 10.000 Euros.
2º premio   5.000 Euros.
 

Á marxe destas bases, as empresas colaboradoras con Semente Monforte poderán propor financiamento para calquera dos proxectos finalistas, en cuxo caso, as condicións serán as que pacten as partes de forma privada, sen ningún compromiso para a organización do premio.



Participa!

Presenta a túa idea de emprendemento no X Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra ata o 31 de maio!


- Patrocinan -
- Colaboran -


Asociación "Semente de Monforte"

   

Monforte de Lemos   -   Lugo   -   semente@sementeribeirasacra.org

Información legal   -   Política de Privacidade   -   Uso de Cookies

Prodesin.com