Novas

Estas son as 10 ideas finalistas no VII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

15 de xullo de 2021

Estas son as 10 ideas finalistas no VII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O xurado da VII Edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra dá a coñecer os 10 finalistas desta edición. O Concurso, promovido para incentivar o emprendemento, tiña prazo aberto para presentación de ideas ata o 30 de xuño. Desde entón o xurado avaliou as propostas presentadas para seleccionar as que mellor se adaptaban á filosofía da convocatoria.

As ideas seleccionadas son:

 

  • Castro Art Village // Uhna institución cultural, un campus artístico internacional de organización holística. Proyecto de arte, cultura, benestar e innovación situado na aldea abandonada do Castro, unha ubicación idílica nun miradoiro natural.
  • Ultramarinos Mamasinda // Almacén cultural itinerante. O proxecto consiste nun vehículo mobil (furgoneta, camión ou autobús) que abasteza ás  aldeas e vilas de cultura de forma continuada dentro dunha programación anual.
  • Insectos Galicia // Un proceso de economía circular para poñer en valor o rural con proteínas e abonos sostibles e ecolóxicos.
  • DataWine // Solución integral de hardware e software para asegurar a calidade e trazabilidade do viño, orientada a calquera tipo de adega. Flexible e precisa, está basada en IoT, e utiliza tecnoloxías como Big Data e IA.u.
  • A libraría da Proencia // Venda e tenda on-line e física, nunha casa tradicional do centro de Proendos (parroquia do Concello de Sober), de libros, artesanía da zona, papelaría, postais e outros "souvenirs" relacionados coa contorna e a súa dinamización.
  • Rehabilitación adega típica da Ribeira Sacra.
  • Produción de cogomelos en biomasa forestal // Lepista nuda en follaxe de castiñeiros, Shiitake en tocóns de eucalipto, Sparassis en pinos.
  • Aloxamento na Ribeira Sacra // Suites en cubas de viño.
  • Beniu Solucións // Start-up de recente creación para dar novas solucións ao sector agroforestal e medio ambiental. Emprega drons para a realización de traballos técnicos relacionados con estes sectores.
  • Turismo consciente: Ribeira Sacra // Plataforma móbil e web especializada na recomendación de experiencias e creación de plans de turismo na Ribeira Sacra, que nace co obxectivo de revolucionar o turismo a través da tecnoloxía.

Os finalistas veñen de recibir a comunicación de que foron seleccionados; agora deberán presentar o proxecto completo antes do 30 de setembro achegando arquivos PDF, mediante formulario na intranet de concursantes da web www.sementeribeirasacra.org.

Unha vez presentada a documentación, o xurado convocará aos finalistas para a exposición e defensa do seu proxecto (presencial ou telemáticamente segundo as posibilidades de desprazamento pola situación da COVID-19). O fallo do xurado darase a coñecer o día 16 de outubro do 2.021, sempre que as circunstancias o permitan.

O Concurso aumenta a dotación dos seus premios e para esta edición contarase cos seguintes premios:

  • 1º Premio - 12.000€
  • 2º Premio -   8.000€
  • 3º Premio -   5.000€



Participa!

Presenta a túa idea de emprendemento no VII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra ata o 30 de Xuño!


- Patrocinan -
- Colaboran -


Asociación "Semente de Monforte"

   

Pza de España s/n   ·   Casa da Cultura - 27400   -   Monforte de Lemos   -   Lugo   -   asemente@asemente.org

Información legal   -   Política de Privacidade   -   Uso de Cookies

Prodesin.com