Novas

Finalistas da IX edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

20 de xullo de 2023

Finalistas da IX edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

Á edición deste ano presentáronse case medio cento de ideas. A maior parte delas son iniciativas a desenvolver en Galicia, pero chegaron propostas doutras comunidades como Valencia, Cataluña ou Madrid.

Este 19 de xullo o xurado reuníase para seleccionar as 10 ideas que agora deberán presentar o seu proxecto rematado antes do 30 de setembro. As ideas seleccionadas polo xurado do IX Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra son:

Aobá Upcycling, Fashion Made for Earth Lovers, reutilización materiais roupa.
Bikarte, renting de bicicletas eléctricas con audio guía.
Chorima, cosmética atlántica con extractos vexetais.
Eco-Aqua, Proxecto de Abastecemento Hídrico Sostible na Ribeira Sacra.
ENZICAS, Queixos e embutidos madurados con castañas.
LABRAVA S. COOP. GALEGA, cooperativa de traballo asociado no sector agrario e forestal.
LamasDulce, galletas personalizadas.
O portal de emprego e oportunidades do rural galego, plataforma de empregabilidade no rural.
Planta procesadora de excedentes de produtos agrícolas.
RURAL O URBANO, espazo Gourmet & Lifestyle.

As ideas seleccionadas presentarán antes do 30 de setembro do 2023, o proxecto rematado, achegando arquivos PDF mediante formulario na intranet de concursantes da web www.sementeribeirasacra.org.

Unha vez presentada a documentación, o xurado convocará ós finalistas para a exposición e defensa do seu proxecto. O fallo do xurado darase a coñecer o día 28 de outubro, nesa xornada presentaranse os proxectos e pola noite celebrarase a entrega de premios.



Participa!

Presenta a túa idea de emprendemento no X Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra ata o 31 de maio!


- Patrocinan -
- Colaboran -


Asociación "Semente de Monforte"

   

Monforte de Lemos   -   Lugo   -   semente@sementeribeirasacra.org

Información legal   -   Política de Privacidade   -   Uso de Cookies

Prodesin.com