27 de outubro de 2024
Desde o seu inicio ata a edición de hoxe, o concurso ten entregado 189.000€ que contribuíron a impulsar 29 proxectos innovadores que dinamizan o medio rural. “Os datos son importantes, pero o mellor é satisfacción de que a maioría dos proxectos que quedaron entre os tres primeiros convertéronse en realidade e moitos deles son iniciativas empresariais de éxito. A ilusión coa que comezamos segue sendo a mesma, ou quizais máis. Grazas ao traballo, á dedicación e implicación que vemos nos participantes de cada ano, aumentando en cada edición e grazas a que esas persoas, empresas e organismos que nos apoian, confían no mesmo ca nós: Podemos desde a base axudar a dinamizar o noso rural”, asegura Pilar López, presidenta de Semente de Monforte.
Desde a Asociación Semente de Monforte e todas as empresas e institucións colaboradoras nesta X edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra felicitan ós gañadores, e a todos os proxectos participantes pola altísima calidade das iniciativas presentadas e o talento e a ilusión como emprendedores.
O xurado da X Edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra, tras avaliar a presentación dos proxectos durante o día de hoxe, decidiu conceder os seguintes premios:
A entrega de premios e de diplomas a todos os proxectos finalistas fíxose despois da cea de confraternidade celebrada no Parador de Monforte, na que participaron a Conselleira de Medio Rural, María José Gómez, a directora xeral AGADER, Mª Paz Rodríguez, o director xeral da AGACAL, Martín Alemparte, as directoras territoriais da Consellería de Emprego en Ourense e Lugo, Marta Vázquez e Carmen José López, deputados autonómicos e representantes das deputacións de Lugo e Ourense, das universidades e dos concellos e empresas que colaboradoran co Concurso. Contouse asemade coa asistencia dos 10 proxectos finalistas no concurso e dos gañadores da pasadas edicións. Presentando o acto a presidenta de Semente de Monforte, Pilar López.