30 de novembro de 2014
No ano 2014, o segundo premio da Lotaría do Neno tocaba en Monforte. Coa intención de que esa sorte e ese impulso revertesen na cidadanía, un grupo de voluntarios a agraciados co premio constituía a Asociación Semente de Monforte, que ten como actividade central o Concurso de Proxectos Empresariais.
Para a posta en marcha da Asociación Semente Monforte buscouse a colaboración da xornalista Julia Otero; da expresidenta do Tribunal Constitucional, María Emilia Casas Baamonde e do entón alcalde de Monforte, Severino Rodríguez. Ademais doutras persoas da sociedade local vinculadas á cultura, ó empresariado ou ó deporte.
O obxectivo da Asociación era promover a solidariedade entre o pobo monfortino e “sementar” iniciativas empresariais que desen impulso ao desenvolvemento económico de Monforte e a súa contorna. Os promotores da idea abríronse á colaboración cidadá, creando unha conta solidaria e onde a veciñanza puidera facer as súas aportacións.
Pesando na posta en marcha do Concurso de Proxectos Empresariais “Semente de Monforte”, a Asociación fixo xestións con empresas e iniciáronse contactos co IGAPE e coas Universidades. Para a I convocatoria do Concurso contábase coa colaboración de 16 empresas e do Instituto Galego de Promoción Económica e das Universidade da Coruña, Santiago e Vigo. O certame busca ideas innovadoras e viables e entregará 20.000 euros aos 3 proxectos gañadores. Serán considerados especialmente aqueles desenvolvidos en Monforte ou que teñan como obxectivo a posta en valor dos recursos da Ribeira Sacra.
O concurso consta de catro fases:
Para a xestión eficaz do certame, a asociación conta coa colaboración dun técnico, así como da participación na súa organización de voluntarios, e tamén persoal especializado de diversas empresas e organismos. Nese mesmo ano abriuse a web Semente de Monforte e comezouse a divulgar a iniciativa a través das redes sociais.
Participación
Na primeira edición presentáronse 80 ideas na primeira fase a través da plataforma electrónica www.sementedemonforte.org. Segundo o recollido nas bases, foron seleccionadas 10 finalistas:
Os proxectos foron presentados ante o xurado o 14 de Marzo de 2.015, no Parador de Turismo de Monforte, resultando gañadores:
Patrocinios
O Concurso de Proxectos Semente de Monforte contouo co patrocinio de relevantes empresas e institucións. Na I edición do Concurso foron: Concello de Monforte, Pérez Rumabao, CaixaBank, Gas Natural Fenosa, Igape, Estrella Galicia, Universal, Gadis, Inveravante, R, Dimaga, Bricoking.
Contando coa colaboración de: Universidade de Vigo, USC, Universidade da Coruña e IGAPE.
Obra Social
Un dos obxectivos iniciais da Asociación, ademais da posta en marcha do Concurso de Proxectos Empresariais “Semente de Monforte”, foi a colaboración coas persoas máis desfavorecidas. Na conta aberta en Caixa Rural recadáronse 6.800 euros, co que se fixo acopio de alimentos non perecedoiros para a súa entrega a Cáritas, que xestionou o reparto ás familias necesitadas.
Parte do recadado adicouse as familias de dúas persoas que necesitaban un tratamento médico custoso: unha prótese de man e un tratamento especial para paliar as secuelas dunha parálise cerebral. Nos seguintes anos a actividade da Asociación concentrouse no Concurso de Proxectos Empresariais.