30 de novembro de 2014
No ano 2014, o segundo premio da Lotaría do Neno tocaba en Monforte. Coa intención de que esa sorte e ese impulso revertesen na cidadanía, un grupo de voluntarios a agraciados co premio constituía a Asociación Semente de Monforte, que ten como actividade central o Concurso de Proxectos Empresariais.
Para a posta en marcha da Asociación Semente Monforte contouse coa colaboración da xornalista Julia Otero; da expresidenta do Tribunal Constitucional, María Emilia Casas Baamonde, de Abel Veiga, daquela no IGAPE e do entón alcalde de Monforte, Severino Rodríguez. Ademais doutras persoas da sociedade local vinculadas á cultura, ó empresariado ou ó deporte.
O obxectivo da Asociación era promover a solidariedade entre o pobo monfortino e “sementar” iniciativas empresariais que desen impulso ao desenvolvemento económico de Monforte e a súa contorna. Os promotores da idea abríronse á colaboración cidadá, creando unha conta solidaria e onde a veciñanza puidera facer as súas aportacións.
Pensando na posta en marcha do Concurso de Proxectos Empresariais “Semente de Monforte”, a Asociación fixo xestións con empresas e iniciáronse contactos co IGAPE e coas Universidades. Para a I convocatoria do Concurso contábase coa colaboración de 16 empresas e do Instituto Galego de Promoción Económica e das Universidade da Coruña, Santiago e Vigo. Parte activa desde os comezos sería tamén Francisco Conde, naquel entón Conselleiro de Economía. O certame busca ideas innovadoras e viables e entregará 20.000 euros aos 3 proxectos gañadores. Serán considerados especialmente aqueles desenvolvidos en Monforte ou que teñan como obxectivo a posta en valor dos recursos da Ribeira Sacra.
O concurso consta de catro fases:
Para a xestión eficaz do certame, a asociación conta coa colaboración dun técnico, así como da participación na súa organización de voluntarios, e tamén persoal especializado de diversas empresas e organismos. Nese mesmo ano abriuse a web Semente de Monforte e comezouse a divulgar a iniciativa a través das redes sociais.
Participación
Na primeira edición presentáronse 80 ideas na primeira fase a través da plataforma electrónica www.sementedemonforte.org. Segundo o recollido nas bases, foron seleccionadas 10 finalistas:
Os proxectos foron presentados ante o xurado o 14 de Marzo de 2.015, no Parador de Turismo de Monforte, resultando gañadores:
Patrocinios
Na I edición o Concurso de Proxectos Semente de Monforte contou co patrocinio das seguintes institucións: IGAPE e Concello de Monforte.
As empresas patrocinadoras foron: Desarrollo de Iniciativas Medioambientales, Aceites Abril S.L., Curtidos Coiro S.L., Barbosa e Hijos, Anjoca S.L., Fundación Azkar, Pérez Rumbao, Hijos de Rivera S.A., Gadisa, Inveravante, R-cable y telecomunicaciones, Dimaga, Bricoking, Cesmauto S.L., CT. Galega, Somos Som S.L.
Contando coa colaboración de: Universidade de Vigo, Universidade de Santiago, Universidade da Coruña.
Obra Social
Un dos obxectivos iniciais da Asociación, ademais da posta en marcha do Concurso de Proxectos Empresariais “Semente de Monforte”, foi a colaboración coas persoas máis desfavorecidas. Na conta aberta en Caixa Rural recadáronse 6.800 euros, co que se fixo acopio de alimentos non perecedoiros para a súa entrega a Cáritas, que xestionou o reparto ás familias necesitadas.
Parte do recadado adicouse as familias de dúas persoas que necesitaban un tratamento médico custoso: unha prótese de man e un tratamento especial para paliar as secuelas dunha parálise cerebral. Nos seguintes anos a actividade da Asociación concentrouse no Concurso de Proxectos Empresariais.