12 de marzo de 2016
O II Concurso tivo de prazo para presentar as ideas do 1 de outubro do 2015 ao 31 de outubro. O 1 de decembro coñecíanse as 10 ideas seleccionadas que tiñan que presentar o seu proxecto rematado antes do 31 de xaneiro do 2016. Entregábanse 20.000 euros en premios.
Nesta convocatoria presentáronse 64 ideas; menos participación que na primeira convocatoria, pero os proxectos tiñan un nivel superior na concreción e maduración de propostas. As ideas seleccionadas para que presentaran os seus proxectos ante o xurado foron:
O II Concurso de Proxectos Empresariais Semente de Monforte contaba cos seguintes premios:
Os proxectos foron defendidos ante o xurado o 12 de Marzo do 2016, no Parador de Turismo de Monforte, resultando gañadores:
KALEKÓI. Centro de elaboración de iogur artesáns e postres lácteos.
PILGRIM. Sistema electrónico para a xestión integral do camiño de Santiago.
WIMBAG. Dispositivo para localización de equipaxes.
Patrocinios
Na II edición o Concurso de Proxectos Semente de Monforte contou co patrocinio das seguintes institucións: IGAPE e Concello de Monforte.
As empresas patrocinadoras foron: Desarrollo de Iniciativas Medioambientales, Aceites Abril S.L., Curtidos Coiro S.L., Barbosa e Hijos, Anjoca S.L., Fundación Azkar, Pérez Rumbao, Hijos de Rivera S.A., Gadisa, Inveravante, R-cable y telecomunicaciones, Dimaga, Bricoking, Cesmauto S.L., CT. Galega.
Contando coa colaboración de: Universidade de Vigo, Universidade de Santiago, Universidade da Coruña.