Histórico

 III Concurso de Proxectos Empresariais Semente de Monforte

18 de marzo de 2017

III Concurso de Proxectos Empresariais Semente de Monforte

A III edición do Concurso tivo de prazo para presentar as ideas do 14 de outubro do 2016 ao 15 de novembro do 2017.

Presentáronse 68 ideas; cunha mellora significativa na calidade xeral das propostas. As ideas seleccionadas para que presentaran os seus proxectos ante o xurado foron:

  • Root&Fish. Produción integrada de peixes e prantas. 
  • Reino de Mencía, Sociedade Cooperativa Galega. Granxa escola na Ribeira Sacra.
  • i2biotech. Investigación e innovación en biotecnoloxía 
  • Withoutrees. Reciclaxe de residuos do granito.
  • Creación dunha granxa ecolóxica para elaboración de lácteos e produción de ovos e diferentes tipos de carnes.
  • Ensamble. Sistema de fabricación industrial 4.0 de edificios sostibles formado por pezas arquitectónicas conectables, desconectables e reubicables. 
  • Centro de día para persoas con dependencia física
  • PrefApp. Contratación simplificada de servizos cloud.
  • Proxecto Coompensa. Produción enerxía térmica por biomasa.
  • Concentra2. Plataforma para a xestión da concentración parcelaria. 

Os proxectos foron defendidos ante o xurado o 18 de Marzo de 2017, no Parador de Turismo de Monforte, resultando gañadores: 

  • Root&Fish. Producción integrada de peixes e prantas.
  • Creación dunha granxa ecolóxica para elaboración de lácteos e produción de ovos e diferentes tipos de carnes.
  • Withoutrees. Reciclaxe de residuos do granito.

Patrocinios 

Na III edición o  Concurso de Proxectos Semente de Monforte contou co patrocinio das seguintes institucións: IGAPE e Concello de Monforte.

Neste ano súmase ás anteriores como empresa patrocinadora: Fundación Orozco López.

Contando coa colaboración de: Universidade de Vigo, Universidade de Santiago, Universidade da Coruña.



Participa!

Presenta a túa idea de emprendemento no X Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra ata o 31 de maio!


- Patrocinan -
- Colaboran -


Asociación "Semente de Monforte"

   

Monforte de Lemos   -   Lugo   -   semente@sementeribeirasacra.org

Información legal   -   Política de Privacidade   -   Uso de Cookies

Prodesin.com