Histórico

IX Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

26 de decembro de 2023

IX Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

No ano 2023 convocábase a IX edición do Concurso de Proxectos Empresariais  Semente Ribeira Sacra.

Do 1 de marzo ao 31 de maio estivo aberto o prazo de presentación de ideas. Para esta edición inscribíronse case 50 ideas, maioritariamente de Galicia, pero con presenza de propostas chegadas de toda España. O 19 de xullo o xurado reuníase para seleccionar as 10 ideas que terían presentar o seu proxecto rematado antes do 30 de setembro:

  • Aobá Upcycling, Fashion Made for Earth Lovers // Reutilización materiais roupa.
  • Bikarte // Renting de bicicletas eléctricas con audio guía.
  • Chorima // Cosmética Atlántica con extractos vexetais.
  • Eco-Aqua // Proxecto de Abastecemento Hídrico Sostible na Ribeira Sacra.
  • Enzicas // Queixos e embutidos madurados con castañas.
  • Labrava S. Coop Galega // Cooperativa de traballo asociado no sector agrario e forestal.
  • LamasDulce // Galletas personalizadas.
  • O portal de emprego e oportunidades do rural galego //(Ficar Aquí) plataforma de empregabilidade no rural.
  • Planta procesadora de excedentes de produtos agrícolas.
  • Rural o Urbano // Espazo Gourmet & Lifestyle.

O 28 de outubro os proxectos finalistas presentáronse ante o xurado en exposicións de 15 minutos de duración máis 5 minutos para preguntas. As presentacións desenvolvéronse no Parador de Turismo de Monforte. Os 20.000€ para incentivar o emprendemento repartíronse do seguinte xeito:

  • 1º Premio de 10.000€ para Chorima Cosmética Atlántica (A Estrada). Un proxecto para obter extractos vexetais para uso no sector da cosmética, mediante a Extracción Asistida por Ultrasonido (EAU). Unha técnica innovadora para a valorización de residuos da industria agroalimentaria (bagazo, podas, productos frescos rexeitados…). Inclúe a produción dunha liña cosmética baseada nestes extractos en combinación cas últimas tendencias en cosmética. Co apoio da área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC ultiman a solicitude de IEBT (Iniciativa de emprendemento de base tecnolóxica) para o proxecto.
  • 2º Premio de 6.000€ para LamasDulce (Monforte de Lemos). Un proxecto de galletas decoradas personalizadas, que nace como promesa á filla da promotora. Co obrador de Monforte de Lemos pretenden outorgarlle un toque personalizado e exquisito a calquera celebración, entregando as galletas en man ou a través de envío por mensaxería. Priorizan o packaging dos seus produtos e a sustentabilidade.
  • 3º Premio de 4.000€ para Bikarte (Monforte de Lemos). Empresa de alugueiro de bicicletas con servizo de visitas guiadas a través dunha App que permite coñecer roteiros diferentes con contido cultural, patrimonial, artístico e natural. Con Bikarte pretenden posicionarse no mercado de Turismo Activo a nivel nacional e internacional e ser un referente de empresa sostible e responsable co medio ambiente na Ribeira Sacra respondendo á necesidade de mobilidade alternativa ao transporte motorizado tradicional.

A entrega de premios e de diplomas a todos os finalistas fíxose despois da cea de confraternidade celebrada no Parador de Monforte, na que participaron o que fora Conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, que desde o comezo apoiou este concurso empresarial; a Directora Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, Vicepresidencia da Deputación, alcaldes dos concellos que colaboran coa iniciativa e representantes das empresas e universidades que tamén a avalan.

Convidouse asemade, aos 10 proxectos finalistas no concurso e aos gañadores da pasada edición, Lácteos Ribeira Sacra. Presentando o acto a presidenta de Semente de Monforte, Pilar López.

Desde o seu inicio o concurso ten contribuído a impulsar case unha trintena de proxectos que se se convertiron en realidade. A Asociación Semente de Monforte, que promove este concurso, nacía no 2014 despois de caer a Lotaría de Reis na cidade.

Patrocinios

A IX edición o Concurso de Proxectos Semente Ribeira Sacra contou co patrocinio das seguintes institucións: Xunta de Galicia,  Deputación Provincial de Ourense, Vicepresidencia Deputación de Lugo (Medio Rural), Concello de Sober, Concello A Pobra do Brollón, Concello de Pantón, Concello do  Saviñao, Concello de Bóveda, Concello de Chantada.

As empresas patrocinadoras foron: Barbosa e Hijos, Hijos de Rivera  S.A., Gadisa, Inveravante, Dimaga, CT. Galega, Lugar Daveiga SLL, Rectoral de Amandi, Sicyme, Palacio Bus, Dalia Sitema e Notaría de Sarria.

Contando coa colaboración de: Universidade de Santiago, Universidade da Coruña, Universidades da Coruña, Escuela de Organización Industrial, GDR Ribeira Sacra Courel e o Parador de Turismo de Monforte.



Participa!

Presenta a túa idea de emprendemento no X Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra ata o 31 de maio!


- Patrocinan -
- Colaboran -


Asociación "Semente de Monforte"

   

Monforte de Lemos   -   Lugo   -   semente@sementeribeirasacra.org

Información legal   -   Política de Privacidade   -   Uso de Cookies

Prodesin.com