20 de decembro de 2018
Se presentaches a túa idea ao noso concurso de proxectos empresariais A Semente, seguramente leves días esperando este momento. Este ano recibimos moitas propostas interesantes cun gran potencial, polo que o xurado tivo a complicada tarefa de seleccionar os proxectos que pasarán á seguinte fase do noso certame.
A continuación deixámosvos a lista definitiva de finalistas:
SEND2ME. Buzón electrónico para entrega de paquetería
Recovery Blood. Revalorización do sangue e outros subprodutos da industria cárnica.
Sense(Z). Detección de alérxenos en alimentos
ENTELARTE. Tinglado creativo en torno á artesanía que convive coa cultura, a arte e o ocio.
ACIOS GLAMPING & WINE. Campamento turístico na Ribeira Sacra
Planificación de xestión circular de residuos orgánicos para revalorización enerxética e restauración de solos degradados mediante xeración de biogás.
SmartWood. App para xestión forestal
ItechTerm. Monitorización e control de variables sanitarias en gando vacún
FUNDEEN MANAGEMENT SL. Plataforma de financiación para proxectos de enerxías renovables
ARTIO. Bebida isotónica natural elaborada con auga de mar da costa atlántica galega
Parabéns a todos os seleccionados! Deberedes presentar o voso proxecto final antes do día 31 de xaneiro. Ademais, xa temos a data da defensa do proxecto ante o xurado: o 16 de marzo de 2019. Moita sorte.