Novas

Listaxe das 10 ideas finalistas de VIII edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

20 de xullo de 2022

Listaxe das 10 ideas finalistas de VIII edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

  • Elixidas as 10 ideas finalistas desta nova edición.
  • Os seleccionados teñen de prazo ata o vindeiro 30 de setembro para presentar o proxecto rematado achegando os arquivos en formato PDF a través do formulario na intranet de concursantes da web www.sementeribeirasacra.org.

O xurado da VIII edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra fai públicas as 10 ideas finalistas.

  1. LÁCTEOS RIBEIRA SACRA. Comercialización de produtos propios.
  2. Energhius: Smarth energy harvesting. Tecnoloxía para dotar de enerxía dispositivos loT.
  3. TOXO. Laboratorio cosmético.
  4. FungiGal: produción de fungos comestibles.
  5. Peral Project. Novas tecnoloxías para o benestar das persoas maiores.
  6. A Maruxiña. Granxa de galiñas en ecolóxico e centro de interpretación.
  7. Elaboración sostible de tepes para xardinería.
  8. As barricas da Ribeira. Aloxamento turístico en barricas.
  9. Casa Do Curuxo. Aloxamento e bodega, economía circular.
  10. Beniu Soluciones. Tratamentos fitosanitarios con drons.

Os finalistas teñen ata o vindeiro 30 de setembro do 2022 para aportar tódala documentación do proxecto rematado en formato PDF a través do formulario  da intranet de concursantes na web www.sementeribeirasacra.org

Finalmente, o 12 de novembro, pola mañá, os finalistas defenderán as súas propostas ante o xurado que, trala deliberación, darán a coñecer ós gañadores. Xa pola noite celebrarase a gala de entrega de premios.

A dotación económica dos premios desta edición é:

1º premio: 10.000€

2º premio: 5.000€

3º premio: 3.000€



Participa!

Presenta a túa idea de emprendemento no VIII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra ata o 31 de Maio!


- Patrocinan -
- Colaboran -


Asociación "Semente de Monforte"

   

Pza de España s/n   ·   Casa da Cultura - 27400   -   Monforte de Lemos   -   Lugo   -   asemente@asemente.org

Información legal   -   Política de Privacidade   -   Uso de Cookies

Prodesin.com