02 de marzo de 2023
O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra foi a “semente” nos últimos 8 anos de iniciativas de emprendemento que se viron materializadas grazas á aportación económica que lles supuxo ser finalistas do certame. A través deste Concurso téñense entregado máis de 120.000€ para impulsar proxectos empresariais.
Búscanse proxectos innovadores para desenvolver o medio rural e poñer en valor os seus recursos. Terán preferencia os vinculados co territorio Ribeira Sacra; pero o concurso sempre estivo aberto a calquera persoa física de calquera lugar do mundo que teña unha idea empresarial destas características.
Nesta IX edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra repartiranse 20.000€ en premios:
1º Premio - 10.000 €
2º Premio - 6.000 €
3º Premio - 4.000 €
Do 1 de Marzo ao 31 de Maio está aberto o prazo de presentación de ideas, a través da web sementeribeirasacra.org. A inscrición é de balde. O 20 de Xullo publicarase o nome das dez ideas que o xurado considere de maior interese conforme aos obxectivos do concurso.
A estrutura da presentación da idea debe contar con:
As ideas seleccionadas presentarán antes do 30 de Setembro do 2023, o proxecto rematado, achegando arquivos PDF mediante formulario na intranet de concursantes da web www.sementeribeirasacra.org.
Unha vez presentada a documentación, o xurado convocará aos finalistas para a exposición e defensa do seu proxecto. O fallo do xurado darase a coñecer o día 28 de Outubro do 2.023, nesa xornada presentaranse os proxectos e pola noite celebrarase a entrega de premios.