
30 de outubro de 2026
O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebra 12 anos de traxectoria impulsando iniciativas de emprendemento. O certame busca proxectos innovadores para desenvolver no medio rural e poñer en valor os seus recursos, tendo preferencia os vinculados co territorio Ribeira Sacra; pero o concurso sempre estivo aberto a calquera persoa física de calquera lugar do mundo que teña unha idea empresarial destas características.
Este 7 de novembro desde as 10:00h preséntanse ante o xurado, no Parador de Turismo de Monforte, os 10 proxectos que chegaron á final:
CRÚ. TRANSFORMACIÓN DE LEITE PROPIO EN PRODUCIÓN ARTESANAL: A proposta busca pechar o ciclo produtivo mediante a transformación do leite en queixos, iogur colado e manteiga artesanais, creando unha marca para conectar co consumidor.
O fallo do xurado darase a coñecer na mesma xornada do 7 de novembro, despois da cea e gala de entrega de premios desta XII edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra. Contarase coa asistencia da directora xeral de AGADER, Mª Paz Rodríguez, a directora territorial de Emprego, Carmen José López, deputados autonómicos e provinciais, representantes das universidades e dos concellos e empresas que colaboran co Concurso.
Nesta edición, o concurso segue aumentando os premios formativos ademais de ofrecer os premios económicos. Os proxectos finalistas optan a participar por segundo ano no programa de asesoramento estratéxico que é posible grazas á colaboración de AGADER. E a persoa que inscribiu o proxecto gañador desta edición poderá acceder á realización do Executive MBA de Ef Business School na Coruña (Fundación Venancio Salcines).
Así os premios desta edición son os seguintes:
A XII edición do Concurso de Proxectos Semente Ribeira Sacra conta co patrocinio das seguintes institucións: Xunta de Galicia, Consellería do Medio Rural, AGADER, Vicepresidencia Deputación Provincial de Lugo (área Rural), Deputación Provincial de Ourense, Concello de Sober, Concello A Pobra do Brollón, Concello de Pantón, Concello do Saviñao, Concello de Bóveda.
As empresas patrocinadoras son: Barbosa e Hijos, CT Galega, Hijos de Rivera S.A., Gadisa, Inveravante, Dimaga, Daveiga Produción Responsable, Sicyme, Dalia Sistemas e Notaría de Sarria.
Contando coa colaboración de: Universidade de Santiago, Universidade da Coruña, Universidade de Vigo, Escuela de Organización Industrial, Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC, Fundación Venancio Salcines e o Parador de Turismo de Monforte.



























