Histórico

VI Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

26 de setembro de 2020

VI Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

Nesta convocatoria a iniciativa adquire unha nova dimensión coa incorporación da Deputación de Ourense e os concellos de Monforte de Lemos, Sober, A Pobra do Brollón, Chantada, Bóveda, Pantón e O Saviñao e pasa a chamarse Semente Ribeira Sacra. Se ben a filosofía do Concurso segue sendo incentivar proxectos empresariais, prestarase especial atención aos proxectos innovadores e con preferencia aos vinculados co territorio Ribeira Sacra, para desenvolver o medio rural e a posta en valor dos seus recursos; pero ábrese a calquera persoa física de calquera lugar do mundo que teña unha idea empresarial.

Co cambio de nome estréase nova web sementeribeirasacra.org, que ofrece información completa e bases do Concurso de Proxectos Empresariais, así como a posibilidade de inscribirse, presentar as ideas e os proxectos a través da web. Unha web que ademais se abre para chegar a máis lugares, unha vez que a convocatoria ten carácter internacional.

Entre mediados de xaneiro do 2020 e o 16 de febreiro abríase o prazo de presentación de ideas para esta edición do certame. Nesta ocasión incribíronse 112 persoas e 87 ideas son as que cumpren con todos os requisitos. A maioría corresponden a ideas feitas desde Galicia e delas a metade son do territorio Ribeira Sacra. A convocatoria deste ano abríase a todo o mundo e houbo propostas tamén, de Andalucía, Madrid ou Comunidade de Valencia. A nivel internacional, contábase cunha proposta chegada desde Perú. O 1 de marzo coñecíase o nome das dez ideas que o xurado consideraba de maior interese conforme aos obxectivos do concurso, tiñan que presentar o proxecto rematado antes de mediados de abril.

  • SEND2ME. Buzón electrónico para entrega de paquetería
  • Recovery Blood. Revalorización do sangue e otros subprodutos da industria cárnica.
  • MONXeado. Xeados creativos naturais da Ribeira Sacra
  • TimberSoul Innovations. Construción con madeira local
  • Futuralga. Fabricación de envases a partir de algas
  • Sistemas biodixestivos para zonas rurais e urbanas de baixo custo
  • REFIX – Atlantic Sea Water. Bebidas isotónicas con auga de mar
  • Parques fotovoltaicos comunitarios
  • Trasdeza Natur. Transformación de produtos de horta, con selo ecolóxico
  • App & Down. Aplicación intelixente para personas con síndrome de Down

Nesta edición o calendario viuse alterado pola pandemia da Covid19 e o 26 de setembro foi cando, finalmente, os candidatos presentaron os proxectos seleccionados por videochamada nunha exposición de 15 minutos de duración. A data prevista en inicio para a presentación era o 9 de maio.

O Concurso volvía aumentar a dotación dos seus premios e para esta edición contábase cos seguintes premios:

  • 1º Premio – 10.000€
  • 2º Premio – 7.000€
  • 3º Premio – 3.000€

Os proxectos gañadores na VI edición foron:

  • Recovery Blood. Revalorización do sangue e otros subprodutos da industria cárnica.
  • Trasdeza Natur. Transformación de produtos de horta, con selo ecolóxico
  • Timbersoul Innovations. Construción con madeira local

No 2020 a Asociación Semente Monforte creou un Concurso Extraordinario para buscar solucións innovadoras en tempos de Covid19. A Asociación non podía quedar sen facer a súa aportación nestes momentos de pandemia e convocou o Concurso de Proxectos Empresariais fronte a Covid19 co obxectivo de impulsar a creatividade de proxectos empresariais cunha compoñente tecnolóxica que fagan fronte a problemática  da  COVID-19 en calquera das súas manifestacións. A convocatoria, cun primeiro premio de 10.000 e un segundo de 5.000 euros, terminouse dando por deserta.

 



Participa!

Presenta a túa idea de emprendemento no VII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra ata o 30 de Xuño!


- Patrocinan -
- Colaboran -


Asociación "Semente de Monforte"

   

Pza de España s/n   ·   Casa da Cultura - 27400   -   Monforte de Lemos   -   Lugo   -   asemente@asemente.org

Información legal   -   Política de Privacidade   -   Uso de Cookies

Prodesin.com