Histórico

VII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

10 de novembro de 2021

VII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

No ano 2021 celébrase a VII edición do Concurso de Proxectos Empresariais  Semente Ribeira Sacra. A pesar da pandemia, a Asociación  Semente Monforte e as empresas e institucións colaboradoras deciden continuar co seu obxectivo de incentivar proxectos empresariais, con especial atención aos proxectos innovadores e con preferencia aos vinculados co territorio Ribeira Sacra. Búscase desenvolver o medio rural e a posta en valor dos seus recursos.

O 30 de xuño terminaba o prazo de presentación de ideas para esta edición do certame. Nesta ocasión inscribíronse case medio centenar de ideas, a maioría ideas feitas desde Galicia, pero recibíronse propostas chegadas de Alacante, Barcelona, Cádiz, Ciudad-Real, Granada ou Madrid. O 15 de xullo coñecíase o nome das dez ideas que o xurado consideraba de maior interese conforme aos obxectivos do concurso, tiñan que presentar o proxecto finalizado antes do 30 de setembro:

  • Castro Art Village // Unha institución cultural, un campus artístico internacional de organización holística. Proxecto de arte, cultura, benestar e innovación situado na aldea abandonada do Castro, unha ubicación idílica nun miradoiro natural.
  • Ultramarinos Mamasinda // Almacén cultural itinerante. O proxecto consiste nun vehículo móbil (furgoneta, camión ou autobús) que abasteza ás  aldeas e vilas de cultura de forma continuada dentro dunha programación anual.
  • Insectos Galicia // Un proceso de economía circular para poñer en valor o rural con proteínas e abonos sostibles e ecolóxicos.
  • DataWine // Solución integral de hardware e software para asegurar a calidade e trazabilidade do viño, orientada a calquera tipo de adega. Flexible e precisa, está basada en IoT, e utiliza tecnoloxías como Big Data e IA.u.
  • A libraría da Proencia // Venda e tenda on-line e física, nunha casa tradicional do centro de Proendos (parroquia do Concello de Sober), de libros, artesanía da zona, papelaría, postais e outros "souvenirs" relacionados coa contorna e a súa dinamización.
  • Rehabilitación adega típica da Ribeira Sacra.
  • Circular Forest // Lepista nuda en follaxe de castiñeiros, Shiitake en tocóns de eucalipto, Sparassis en pinos.
  • Aloxamento na Ribeira Sacra // Suites en cubas de viño.
  • Beniu Solucións // Start-up de recente creación para dar novas solucións ao sector agroforestal e medio ambiental. Emprega drons para a realización de traballos técnicos relacionados con estes sectores.
  • Turismo consciente: Ribeira Sacra // Plataforma móbil e web especializada na recomendación de experiencias e creación de plans de turismo na Ribeira Sacra, que nace co obxectivo de revolucionar o turismo a través da tecnoloxía.

 

O 16 de outubro os candidatos presentaron ante o xurado, por videochamada, os proxectos seleccionados en exposicións de 15 minutos de duración que se levaron a cabo no Parador de Turismo de Monforte, coa asistencia do xerente do GDR Ribeira Sacra-Courel, Martín Alemparte, do Presidente do Coworking EOI, Alfonso Martín, do Vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e do Conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, que ao remate, lembraba as verbas da presidenta de Semente de Monforte, Sara Fernández; a quen agora releva no cargo; Pilar López“O proxecto do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra é o recoñecemento a unha ilusión,” dicía Sara Fernández e, Francisco Conde animaba a seguir esa traxectoria de dinamización e innovación no rural.

O Concurso volvía aumentar a dotación dos seus premios e para esta edición contábase cos seguintes premios que recaeron nos seguintes proxectos:

  • Insectos Galicia // Un proceso de economía circular para poñer en valor o rural con proteínas e abonos sostibles e ecolóxicos. 12.000€
  • Circular Forest // Produción de cogomelos en biomasa forestal. Lepista nuda en follaxe de castiñeiros, Shiitake en tocóns de eucalipto, Sparassis en pendentes. Transformación de cogomelos de alto valor comercial. 8.000€
  • Castro Art Village // Unha institución cultural, un campus artístico internacional de organización holística. Proxecto de arte, cultura, benestar e innovación situado na aldea abandonada do Castro, unha ubicación idílica nun miradoiro natural. 5.000€ 

 

Patrocinios

Na VII edición o Concurso de Proxectos Semente Ribeira Sacra contou co patrocinio das seguintes institucións: IGAPE,  Deputación Provincial de Ourense, Concello de Sober, Concello A Pobra do Brollón, Concello de Pantón, Concello do  Saviñao, Concello de Bóveda, Concello de Chantada.

As empresas patrocinadoras foron: Barbosa e Hijos, Hijos de Rivera  S.A., Gadisa, Inveravante, R-cable y telecomunicaciones, Dimaga, CT. Galega, Lugar Daveiga SLL, Rectoral de Amandi, Sicyme e Palacio Bus.

Contando coa colaboración de: Universidade de Vigo, Universidade de Santiago, Universidade da Coruña.
 

 



Participa!

Presenta a túa idea de emprendemento no X Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra ata o 31 de maio!


- Patrocinan -
- Colaboran -


Asociación "Semente de Monforte"

   

Monforte de Lemos   -   Lugo   -   semente@sementeribeirasacra.org

Información legal   -   Política de Privacidade   -   Uso de Cookies

Prodesin.com