Sobre nós

 

Somos a "Semente de Monforte”, unha asociación que nace a comezos do ano 2014 cando un premio da lotería de Reis deixa unha choiva de cartos na cidade. Movidos por un afán solidario moitos dos agraciados polo premio deciden tomar a iniciativa e reverter na sociedade monfortina unha parte da sorte que recibiron.

A nosa razón de ser

O noso obxectivo é promover a solidariedade na Ribeira Sacra e “sementar” iniciativas que dean pulo ao desenvolvemento da nosa bisbarra. Para conseguilo organizamos anualmente o noso concurso de proxectos empresariais “Semente da Ribeira Sacra” coa colaboración de organismos públicos como as tres universidades galegas, ademais de empresas patrocinadoras. 



Participa!

Presenta a túa idea de emprendemento no X Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra ata o 31 de maio!


- Patrocinan -
- Colaboran -


Asociación "Semente de Monforte"

   

Monforte de Lemos   -   Lugo   -   semente@sementeribeirasacra.org

Información legal   -   Política de Privacidade   -   Uso de Cookies

Prodesin.com