
26 de xuño de 2026
O Centro do Viño da Ribeira Sacra acolle este luns, 29 de xuño, desde as 19.30h unha mesa redonda titulada “Oportunidades de negocio no rural”. A cita organizada pola Asociación Semente de Monforte está aberta a todas as persoas interesadas cun especial chamamento a empresas e emprendedores/as que queiran coñecer máis sobre as pontencialidades do territorio para emprender.
Esta mesa redonda pon tamén o peche ao Bono de Asesoramento do que este ano se puideron beneficiar, grazas á colaboración da AGADER, os proxectos finalistas das XI edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra.
Así na mesa redonda intervirán:
Co Bono de Asesoramento o Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra daba un paso máis para fortalecer a viabilidade e sostibilidade dos proxectos finalistas a través dun acompañamento especializado. A cita deste luns coa que se clausura o bono servirá tamén para compartir novas solucións aos retos para emprender en territorios rurais.



























