Concurso

VI Concurso de Proxectos Empresariais
Semente Ribeira Sacra

 

1º Premio - 10.000€

2º Premio - 7.000€

3º Premio - 3.000€

 

10.000 €, se a túa idea é a gañadora do Vi Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra.

Pero a túa idea tamén pode valer 7.000 € ou 3.000 €, se son elixidas polo xurado como segunda ou terceira idea premiada.

 

QUEN PODE PARTICIPAR?

Poderá participar calquera persoa física, de calquera parte do mundo, que propoña unha idea empresarial.

COMO PODO PARTICIPAR?

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende o 1 de Xaneiro ao 16 de Febreiro de 2020.

A inscrición, que é gratuíta, deberá realizarse telematicamente a través da web www.sementedaribeirasacra.org

HAI IDEAS CUN VALOR ENGADIDO?

As ideas e proxectos que formulen o seu desenvolvemento na Ribeira Sacra terán unha consideración especial na súa valoración.

O mesmo ocorrerá coas ideas e proxectos que teñan como obxectivo desenvolver o medio rural da Ribeira Sacra e a posta en valor dos seus recursos endóxenos.

 

COMO É O PROCESO DE SELECCIÓN

 

O 1 de Marzo publicarase o nome das dez ideas que o xurado considere de maior interese conforme aos obxectivos do concurso.

As ideas seleccionadas disporán de prazo ata o 17 de Abril de 2.020 para presentar o seu proxecto no formato que establecen as bases.

CANDO SE FALLA O CONCURSO?

O 9 de Maio deberán defender o seu proxecto diante do xurado que decidirá nese mesmo día as propostas gañadoras.

O fallo e a entrega de premios farase público nunha cea-gala que se celebrará en Monforte de Lemos esa mesma noite.

BASES DE CONCURSO

O XURADO

Está formado por persoas de importantes empresas e das institucións máis relevantes de Galicia en materia empresarial.

A composición é a seguinte:

· Un representante de cada unha das empresas patrocinadoras.

- Un representante da Deputación de Ourense

- Un representante do Concello de Monforte de Lemos

- Un representante do Concello de O Saviñao

- Un representante do Concello de Chantada

- Un representante do Concello de Pobra de Brollón

- Un representante do Concello de Pantón

- Un representante do Concello de Sober

- Un representante do Concello de Bóveda

· Un representante do IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica).

· Un representante de cada unha das universidades galegas.

· Dúas persoas designadas pola asociación Semente de Monforte.



Participa!

Presenta a túa idea de emprendemento no VI Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra.
Lembra, ata o 16 de Febreiro!


- Patrocinan -
- Colaboran -


Asociación "Semente de Monforte"

   

Pza de España s/n   ·   Casa da Cultura - 27400   -   Monforte de Lemos   -   Lugo   -   asemente@asemente.org

Información legal   -   Política de Privacidade   -   Uso de Cookies

Prodesin.com