Novas

Finalistas XI Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

23 de xullo de 2025

Finalistas XI Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

A esta XI edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra presentáronse máis de 70 persoas e máis de medio cento das solicitudes recibidas cumpriron cos requisitos das bases.

Así este 22 de xullo, o xurado reuníase para seleccionar as 10 ideas que agora deberán presentar o seu proxecto rematado antes do 30 de setembro. As ideas seleccionadas polo xurado do XI Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra son:

  • GALEGHEEÑO, o GHEE da Ribeira Sacra: O Ghee é un superalimento ancestral con amplas propiedades organolépticas e nutricionais. Só ten 1 ingrediente, o leite de vacas alimentadas 100% a pasto.
  • RESPIRO SOSTIBLE: Transformación de residuos vexetais en papel sostible para reducir a deforestación e xerar emprego no rural.
  • ALAMBIQUEIROS DA SACRA TERRA: Destilería profesional na Ribeira Sacra para transformar o bagazo das adegas locais nun aguardente artesanal e certificada.
  • ENSÁCRATE: Deseño, promoción e organización de viaxes de autor e experiencias a medida para visitantes que buscan unha maneira auténtica e respectuosa de coñecer a Ribeira Sacra.
  • COSMÉTICA SÓLIDA ECOLÓXICA, PIEL NATURA: Cosmética sólida ecolóxica e aromaterapia galega para o benestar. Liña de cosmética con extracto de castiñeiro, agora incorporan auga termal galega nos produtos.
  • O FOGAR DOS SOÑOS. Rehabilitación dunha edificación rural como  Queixaría/Xeadería artesanal e familiar de leite de cabra. Mostrar o proceso de elaboración dos produtos e ofrecer degustacións, visitas e talleres experienciais.
  • CASA MUSEO GENIA TRIGO: Proxecto artístico, etnográfico e de dinamización rural. Amplíase o espazo cunha cantina cultural, un espazo destinado a catas, talleres, reunións e experiencias sensoriais.
  • VIÑALERT: Desenvolvemento e implementación dun sistema de monitorización continua das constantes vitais das vides, enfocado especialmente na análise dos nutrientes do solo e da planta.
  • FRANQUICIAS GOURMET GALLEGO: Abrir tendas de Gourmet Gallego por todo o territorio nacional. Co proxecto poñeranse máis de 400 referencias de produtos galegos de pequenos produtores, en toda xeografía española.
  • LA ESCUELA DEL ORIGEN: Un espazo pioneiro en Galicia de acompañamento a colectivos vulnerables para que poidan reconectar coa súa historia, adquirir ferramentas de vida, recuperar o sentido e construír un novo camiño.

Nesta edición, aos premios en metálico para os 3 mellores proxectos, engádese un plan formativo e de asesoramento, financiado por AGADER para desenvolver cada proxecto. Deste programa de formación poden beneficiarse os 10 proxectos que pasan a esta fase final. Así os premios desta XI edición son:

  • 1º Premio - 10.000 €
  • 2º Premio -   6.000 €
  • 3º Premio -   4.000 €
  • Plan de Formación para os 10 proxectos que se presenten á final e manifesten, entre o 23 e o 31 de xullo de 2025, o seu interese en participar no plan formativo que se desenvolverá no primeiro semestre do 2026. Os finalistas recibirán nesta semana a documentación do plan de formación.

As 10 ideas seleccionadas para desenvolver o seu proxecto terán que presentalo entre o 1 de agosto e o 30 de setembro do 2025, achegando arquivos PDF mediante formulario na intranet de concursantes da web www.sementeribeirasacra.org.

Unha vez presentada a documentación, o xurado convocará aos finalistas para a exposición e defensa do seu proxecto, na xornada de mañá do día 8 de novembro, no Parador de Turismo de Monforte. Pola noite, tamén no Parador, celebrarase a entrega de premios e a cea de clausura desta XI edición do Concurso de Proxectos Empresariais.



Participa!

Presenta a túa idea de emprendemento no XI Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra ata o 31 de maio!


- Patrocinan -
- Colaboran -


Asociación "Semente de Monforte"

   

Monforte de Lemos   -   Lugo   -   semente@sementeribeirasacra.org

Información legal   -   Política de Privacidade   -   Uso de Cookies

Prodesin.com